O PXOM, digo O Pregón…

O Pregón de Camilo o Pepón

   Boas Noites querido pueblo…  Boas noites queridísimos amigos…

Camilo-Gulias-Portada-Revista-SustansiaÉ para min un honor, un orgullo… É para min unha alegría, un pracer… Sinto unha emoción tan grande que hasta teño aquí adentro un non sei que… É para min unha gran satisfacción estar hoxe aquí con todos vos, neste día tan especial, nesta noite tan emotiva e que tanto significa, porque esta noite e este día marcaron a miña vida… Hoxe dende a nostalxia, rememoro aqueles bonitos recordos, evoco aqueles grandes momentos, aqueles divertimentos, aquelas farras e hasta aqueles líos de faldas… Hoxe, non teño máis que bondadosos e tiernos sentimentos cara esta velada… Porque hoxe dalgún xeito volvo o meu pueblo despois de tanto tempo, a este lugar tan especial que levo dentro, que me veu nacer, que me veu crecer, e tamén a este pueblo que sempre me tratou tan ben e ao que sempre amei… Porque ainda que os destinos me levaran por outro camiño, como ben decía Homero, o gran poeta grego; “No hay nada tan dulce y tan bien avenido como la tierra en la que has nacido…” Pois eso mismo, este é o meu pueblo, este, é o meu sitio…

E quero agradecer primeiro o Concelleiro a quen se lle ocorreu este recoñecemento, porque si son sinceiro teño que decir que estou moi contento por elo, e llo agradezo… E quero dárvolas grazas a todos vos, moitas grazas amigos, polo recibimento, moitas grazas polo aplaudimento, e moitas grazas polo cariño, polo sentimento e polo moito que vos quero… E tamén lle teño que dalas grazas as comparsas, tan osadas, tan simpáticas, que hoxe están no seu día de gracia, porque sen elas o noso carnaval, e ata eu como tal, non sería igual… E como non, e por certo, quero darlle o meu máis cariñoso e honesto agradecemento a “Os Muchachos Boys” que sen dúbida para min, son os auténticos protagonistas deste momento e aos que tamén lle agradezo todo iso que me deron, porque fixeron que o Carnaval e os Carnavales foran para min tan importantes, algo inolvidable, algo que determinaría toda a miña vida, algo en definitiva que me identifica, porque foi o carnaval quen me dou esta alegría que definía ese carácter afable, ese estilo divertido e extrovertido, ese inxenio xovial, ameno e entretenido, con esa pasión, e por supuesto este aspecto revoltoso e travieso como o Carnaval mesmo, porque tamén eso, é o que mellor define a este pueblo…

Porque decían os entendidos e os míticos eruditos que a orixe do carnaval provén do Antigo Exipto… Eu non mo explico, pero claro, se recapitulamos é verdad que dou o salto o charco e cruzou o mediterráneo, pa converterse nas festas dionisíacas da Grecia Clásica, e máis tarde das Bacanales Romanas… E é de aí, da época romana donde provén o noso carnaval como tal, auténtica festa pagana, porque nos da a gana, pero sobre todo porque nela se lle honoraba ao Deus Baco, o Deus da locura, do Viño e do frenesí, e mira ti, como son as cousas do destino, que en canto chegou O Grobe, terra de S. Martiño, sabedelo primeiro que dixo… Esto é un paraíso…!!! Un sitio distinto…!!! A min daquí non me move ninIMG_7463 cristo…!!!

E neso nos convertimos, porque somos xente alegre e divertidos, somos festeiros e festivos, somos cantores e cantareiras, e por certo, malalenguas, como nunca antes se había tal visto, pero ainda que falemos mal do veciño, po outro día xa somos tan amigos e vamos de viños… Que terá o Albariño…!!! Porque O Grobe é así, un sitio distinto, e precisamente o que marca esa diferencia é esta festa, a nosa festa por excelencia, a festa que amosa a nosa esencia, de festeiros e malalenguas, pero que tamén identifica a nosa alegría, a nosa melancolía, a nosa risa da tía Luisa, esa felicidade tan honesta, porque nos gusta cantar nas tabernas e ir de juerga polas aldeas…

Xa decían os máis vellos do lugar que esta festa sempre fora moi especial, moi particular, porque a festa do carnaval era a festa do pueblo, a festa dos mariñeiros, dos labregos, e a festa donde se pode falar mal e criticar sin parar, sin molestar ou enfadar o personal, porque saen as comparsas a cantar con gracia, con elegancia, antiguamente cunha caixa de arenques xa montaban a farsa, e contábanos as cousas que pasan co mellor de cada casa… Estos son bos tempos para os Mecos, porque gústanos a jarana, a carallada, ir de juerga, andar de parranda, a risotada, a borracheira e a troula como na Esmorga… Son tempos, donde con catro trapos furados que atopas no faiado xa vamos disfrazados… Son tempos en que, e ainda que pasen os anos, qué ben o pasamos…!!!

E xa que estamos rememorando, gustaríame recordar e conmemoralos, porque por aquí pasaron grandes xenios destas artes, personaxes que non cabían dentro do traxe do grandes que eran como Siño Caneda, ou tamén o finado de Latén, menudo era él… E a quen non lle acorda o carismático Cholo O Cuancho, vaia artistaso, ou Candiducho e Tonio, Os Barbeiros, que derroche de talento, e que decir do intelecto de Siño Moncho o Cachupeiro… E tamén tuvemos algún que outro paripé de Raton Bé cando iba cos Chachis disfrasado de Mariachi, ou cando foi nos Yeyes cun chaqué do Corte Inglés…

E despóis de estes grandes xenios chegarían outros maestros con moito inxenio, como o noso queridísimo Miguel Barreiro, ou o excelentísimo D. Miguel Besada, artista de artes variadas, que foi o gran revolucionario cos seus orixinales traxes e as pelucas de lana… Pero tamén tivemos por aquí grandes casos con espectáculos excéntricos e simpáticos, como os estreptease pornográficos de Gonzalo ou Camilo o Pepón co Circo dos Payasos, e como vamos a olvidarnos daquelas galas do Zorro cantando Dilaila…

E con esta biografía chegamos ata os nosos días, donde siguen vivas comparsas míticas, como Os Firrás, que son el no va más, Os Garoulos Garoulans, grandísimos riváis con trinta anos ou máis, A Bayuca sempre tan astuta e que alá a donde vai triunfa, e non me quero olvidar dos Güeros, ainda que hoxe andan tan dispersos que me perdo, e por supuesto Os Ultra Sur…  Pero a quen quero facerlle un gran merecemento é a elas, porque son únicas, porque son sutileza, porque son auténticas, As +Plus… Elena, ti sempre serás a Reina desta festa…!!!

E todo empeza nun jalpón, nun alboio, nun garage, na de Mari a das telas falando dos traxes… Cala, cala, non llo digas a nadie, os catro días xa todo o mundo o sabe… Os Garoulos van de astronautas, Os Sepelins de enfermeras, Os Güeros de picoletos, e Os Muchachos de mosqueteros, mentras que As +Plus como sempre son as máis guapas van de minifalda. Despois empezamos coas letras, secretas, coquetas e moi discretas, e sempre xurde algunha que outra polémica, pero que sería desta festa se non houbera polémica… Despois que, qué música levan…!!! Entón uns van coa Pantoja que está de moda, outros levan habaneras, e hasta hai quen se atreve con Julio Iglesias… E chegan os ensaios, que momentos máis nostálxicos, tan simpáticos, que cálidos, campechanos e que ben o pasamos coa leria de Casapo…

E así van pasando os días ata que chega a romería, o sábado andamos todos estresados darriba pa baixo, que o gorro está mal pegado, un botón medio colgado, e sempre algún despistado que aparece con zapatos blancos… Pero da igual o final alá vamos emocionados subindo polo manos, calles cheas, bares abarrotados e xa estamos no festival, aquí, enriba do escenario, e este, é o momento máis máxico, este é o momento co que soñamos todo o ano, vir aquí a cantarvos, a contarvos historias divertidas con ironía e crítica con picardía donde todo rima, e dende aquí estamos desexando que se rían, que se divirtan e o final do espectáculo que nos dediquen uns cariñosos aplausos…

E despois vamos polos bares, e chega o martes, o día grande, donde aparecen carrozas espectaculares, Os Garotos bailando polas calles, disfraces perspicaces con clase, choqueiros con moita arte por todas partes, porque choqueiros tan auténticos como os daquí, no os hai nin en Marte… A ktorse bota por fora, e veña festa hasta a deshora, atascos, petardos, artefactos, cacharros e outros trastos, pero non pode faltar o camión de Chapirras asando churrasco… Pero tende coidado este ano por aí, e mantede alerta a Protesión Civil, porque dixeronme a min, que disque anda solto un Jabalí…

E de repente, entre a xente…   Demos, trasgos e diaños…

Aí os veñen, son choqueiros encapuchados e enmascarados cargados con paus e varas verdes e disque veñen a varearnos… Ey, ey, tranquilos, tranquilos, quietos parados, que non cunda o pánico, disque dixo alí un fulano… Eses son os ciudadanos, é o pueblo levantado que ven a protestarnos, porque aquí por moito menos colgamos o Meco, e coa mesma pericia o próximo viernes vamos a ir enterrala Sardiña, e coa nosa forza e a nosa unión botamos abaixo o PXOM…

Así que, que non veñan a marearnos, a amedrentarnos, a embaucarnos, a mentirnos, a engañarnos… E mentras tanto, nós, vamos a poñelos a caldo, a darlles por todos lados, que ademáis unha vez o ano tampouco fai daño, así que, que empece a festa e que…

Qué empece o espectáculo…!!!

E xa acabo, pero sendo hoxe o día de San Valentín, un día tan señalado para os que estamos namorados, non podía deixar pasar a oportunidad de dedicarlle un beso con todo o meu amor a “mi amada Maria Fernanda con la pasión más pura a mi dulce Luna, y darle la bienvenida a esa cosita linda, que la cigüeña nos regala y nos envía…”

E a vos advirtovos que teñades coidado cos Bicos, non vaia a ser que algún ande despistado, lle entre o hipo e teñamos que ir con él po Veterinario… Así que, xa sabedes, si “bebes no conduzcas”, que disque anda por aí Fredi Bea co radar poñendo multas…

E antes de marchar, gustaríame deixar unha última postdata para as comparsas… Deixade na casa todo o que teñades que deixar na casa, e traédenos e brindádenos toda a vosa gracia, con elegancia, con pasión, con añoranza, porque vos aseguro que sondes o noso orgullo… Porque sondes as que poñedes nun pedestal a nosa festa do carnaval… Porque sondes, os que facedes desta festa unha obra maestra… Non tendes nada que demostrar, saíde a cantar e a disfrutar como nunca, porque xa estamos en carnaval…

Moita sorte e moitas gracias… 

Que comence a Festa do Carnaval…

by Camilo Gulías

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>