Homeaxe a “Os Muchachos…” Qué bonito recordalos…!!!

Foi alá polo ochenta e sete, cando nun pueblo de disques, seiques, chismes e diretes con sainete, cheo de sucesos, procesos, feitos e desfeitos con acontecementos propios doutros tempos, donde unha tropa de rapaces precoces, atroces, voraces e perversos saíron as rúas a contarnos os casos máis soados con rima, con risa e cantando, un pouquiño a pé e outro pouquiño andando… Hoxe, despois de caseque vinte anos, queren rendirlle a súa merecida pleitesía e homeneaxealos, porque eses carismáticos Muchachos pasarían a historia polos seus escalofriantes espectáculos e polos que serían recordados anos despois como “Os Muchachos Boys”.

Camilo-Gulias-Portada-Revista-SustansiaParece que foi onte, cando con tan só catorce anos, gañábamos o primeiro festival ao compás dun pasacalles de bombo e pandereta propio doutra época e cunha jeta discreta e coqueta que marcaron unha páxina predilecta na festa Meca por excelencia. Hoxe venme a cabeza entre Ledicia, emoción e tristeza aquela entrada nun Cine de Lores abarrotado que empezou vibrando co noso Kasachok e acabou emocionado cantando con nos, “póntelo y ponselo, póntelo y ponselo, si non queres pillalo Sida, póntelo y ponselo, ay, ay…”

Foron tempos de pasatempos, de momentos inesquecibles, de emocións incontenibles, de acontecementos que nos chegaron moi adentro, pero tamén por certo, foron tempos de contratempos…

E hoxe estou conmocionado ao recordalo…!!! Hoxe, unha felicidade inmensa recorreme dos pes a cabeza con aqueles recordos tan preciados lembrándome daqueles ensaios tan campechanos, donde pasábamos as horas cos seus ratos entretidos i enfaenados cosendo, sorrindo e cantando, a nosa poesía satírica e divertida, que enchía de algarabía cada esquina daquel barrio que nos escoitaba emocionado… Hoxe recordo o traballo a destajo facendo traxes, gorros, pelucas, músicas, letras e outras historietas, dende a humildade e a prudencia e coa inocencia duns Muchachos que soñaban todo o ano entusiasmados coa noite do festival, a noite do espectáculo… Hoxe acórdome daquel nerviosismo descontrolado antes de subir o esceario, aquelas voces de ánimo Muchachos, aqueles emotivos abrazos, aqueles anos que aínda sin ser derrotados asegurábamos que volveríamos “po ano” ainda máis ilusionados… Hoxe emociónome tanto recordando aqueles momentos e recibimentos donde todo o pueblo nos acollía e nos daba a benvida ovacionándonos con alegría, cariño e mimo, e aqueles cálidos e nostálgicos aplausos dos que nunca máis nos olvidamos…

IMG_7012E fumos críticos e criticamos os políticos, os eruditos, os persoaxes míticos e artísticos e os despistados, sen olvidarnos doutros tantos, e por certo, dos monumentos e outros elementos que da a casualidad que ainda hoxe están de actualidad, “Porque o Palacio dos Deportes do Grove non hai cousa igual, en vez de ir a chogar o Baloncesto van a bucear, o producto que lle deron enrriba mete agua ascachar, Benavides no nos jodas, chove máis dentro que fora…” Ainda que tamén é verdad que lle fixeron algún que outro remendo a cousa sigueu igual, porque “viñeron a chojar os rusos, e tuverono que arreglar, pa que nos fajan un novo tiñan que vir os da NBA

Incluso lle propuxemos as altas instancias do pueblo naqueles anos de Olimpiadas, porque vendo o panorama que había na plaza, pensamos que era moi boa idea que, “pa que este ano en Barcelona, ganemo-las carreiras, que leven de animadoras as regateiras…”

Pero como sempre pasa desde os tempos do Masa con tanta obra, farolas, rotondas e aceras con vistas o mar, aquello foi un no parar e un “Misterio sin resolver, o que el pudo chupar, a ese había que metelo na maquina da verdad… O que el pudo chupar, e no nos responda ahora, despois da publicidad…”

E hasta fumos testigos íntimos dos líos entre os da cofradía e os furtivos, que en pleno estropicio decíalle o sobriño o tio, “agarro eu, péjalle ti pero que non salga vivo de aquí…”

Pero non no lo tomen a mal, que estamos en Carnaval, ainda que era un clamor entre os veciños, porque “os chinos chejan o pueblo e móntanse coma dios, xa hai que ser galdropeiro pa darlle o corpo daquel arros…”

Por non falar desa obra monumental que xa daquela dera moito que falar, e despertara tanta curiosidad que tivemos que cantar, “cando entren polo Bao, fíjense na Siradella, que pa mirar pos paxaros hasta lle fan un chalet de pedra. Sin embargo os de Piragüismo, mira que hay que ter collóns, teñen un campeón do mundo e inda non teñen instalacións”Os-Muchachos_Boys

Ou aquela ocurrensia, que xa hai que ter pasiencia, e que ainda hoxe é ciencia certa, “porque o matadero señores sempre foi pos animales, hai uns anos había pochas ahora hai municipales…”

Pois esta é a historia dos Muchachos e colorín colorado, cos seus aqueles, as súas cousas e os seus tinglados, porque deixar este legado foi un soño consumado…  E ainda que se dixo por aí que non tivo un final feliz, o que pasou alí tan só foi un desliz, quizás aqueles rapaces sagaces e perspicaces se fixeran mozos e grandes, con sentimentos e pensamentos de homes feitos e dereitos, pero precisamente estes eran Os Muchachos, unha familia con talento e de gustos moi diversos que compartiron uns tempos dos que nunca nos olvidaremos, e que en canto deixaron de ser Muchachos porque creceron, aquelo quedou por sempre no recuerdo destes rapaces, e deste pueblo… 

Tan só me queda agradecer esta homenaxe a quen tuvo o coraxe de acordarse, e sobre todo felicitar “Os Muchachos Boys”, porque ala donde esté cada un de nós, este momento é voso e vai por vós… Porque calquera que alí estuvera e vivira “Aqueles Tempos” ainda que tan só fose un instante ou por un momento estou seguro que terá un gran recuerdo… Un recuerdo tan grande que seguro que será inolvidable…!!!

Moitas Grazas “Muchachos Boys”, nunca me esquecerei de vos…

Camilo Gulías

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>