Mais nunca, Nunca máis…

Por fin se fixo Xustiza na Galiza…!!!  E a pena é que a nova lei esa de seguridade da cidadanía aínda non está operativa, senon os de Nunca Máis hasta terían que pagar por limpalas Rías...

Vamos facer primeiro un sumario do suceso, donde detallémolos feitos máis concretos e outros dos que nos acordemos, porque fai tanto tempo que non temos claro si era un petroleiro o un barco de paseo.

O asunto foi que unha mañan de Novembro pechada de nevoa espesa, un barco con bandeira panameña naufragou na costa Galega…  Ata aquí todo é ciencia certa…!!!

Pero despóis, coa ciencia ficción dos artistas que saían na televisión e doutros expertos e entendidos na materia dende terra, aparecían por tódolos lados coma nos donettes, un mundo deles, e que o máis preto do mar que estiveron foi na praia mollando os juanetes…

O conto foi que aquel día pola mañan chamou o Capitán un tanto estresado, e dixolle as emerxencias de Salvamento do Porto do Son que o Barco collía agua pola popa dende o costado de estribor, e en cubierta había certo desconcerto…  Así que por “siascaso”, vamos adentrarnos a Puerto…!!!

Cheeee, estate quieto…!!!  Díxolle alí un fulano que estaba tomando un chiquito na de Paquito, mentras seguía moi atento pola tele o desenvolvemiento do suceso…  Non corras tanto forastero, que está entrando vento de travesía pola ría, e non vaia a ser peor o remedio, así que polo momento da un par de voltas por Barlovento…

Dende a Casa do Monte Gaias, chegábamos novas moi tranquilizadoras, porque dixo Fraga que aquí non pasou nada e que a cousa estaba controlada, así que foi pasalo fin de semana de Caza a un Coto Privado que seica xa quedara con Álvarez Cascos…

Pero como sempre pasa nas películas e se ve nas series de suspense, empezaron a cambiar as correntes, olas coma mundos por riba do puente…  O Capitán estaba tan acojonado que puxo rumbo pa leste, e díxose o contramaestre, vou dala volta pa Finisterre…

Cando empezaron os medios a relatalos feitos, un tanto daquel xeito, non quedaba claro si era o fundimento do Titanic ou unha película de indios e vaqueros, cada quen mais peliculero…!!!  Uns decían que o Barco andaba a deriva, outros que xa se fundira, que si andaba de abaixo pa riba, e o que máis e o que menos xa lle botaban a conta de que contaminarían as nas nosas rías…

E comenzaron a sair tamén os expertos de tódolos colores e conventos e non hubo ningún que se puxera de acuerdo, que si era mellor alonxalo, que non que era mellor metelo en puerto…  Cando no medio de tanto jaleo, fai a súa aparición estelar o Xeneral da Marina Mercante dando a orden de cambialo rumbo pa Portugal canto antes…

E cando xa estaban pasando de largo as Rías Baixas, estaban esperando os portugueses armados hasta os dentes e cos buques de guerra apuntándonos pa Finisterre…  Entón saleu a palestra o Ministro de Defensa, decindo, “bueno si veis que tal, dar la vuelta que no vale a pena meterse en berengenas…”

O tema era que o Petroleiro nun par de días dou máis voltas que un tiovivo nunha feria…!!! 

E claro, como os expertos non se ponían de acuerdo, e o barco que era un monocasco un tanto vello, con tanto trasiego parteuse polla metade e foi parar o fondo do océano…  E xusto neste momento os que antes eran expertos, ahora resulta que eran técnicos, científicos, ingenieros, e que estaban todos de acuerdo, eu xa volo dicen que había que mételo a puerto, que era mellor sacalo fuel cun sistema de abstracción moderno e que o mellor solución sería alonxalo rumbo o Gran Sol…

Pero a xente como non era parva e xa estaba farta de tanta farsa e desastres medioambientáis, empezou a berrar o de Nunca Máis…

E como a cousa se poñía seria, chega dende a capital madrileña o Ministro Rajoy joy, joy, que viña de verbena, e dixo, tranquilos paisanos que non son más que unos “hilitos de plastilina solidificados…”  Xa estaba o tinglado armado…!!!

E no medio de tanto escándalo volve o Presidente Manuel Fraga de caza, cando xa a costa galega estaba tan negra que non se vía unha praia, e dixo, aquí non pasa nada, eu veño cos cartos e todos fartos, e que si se pon parvo que arreglaba hasta o barco…

Pero o máis simpático foi Aznar, que veu dar un paseo como “Pedro por su Casa”, e non se baixou do helicóptero ata chegar de volta a Barajas

O final foi o conto vello, tivemos que ir o Pueblo a limpalos desperfectos mentras os políticos e os técnicos expertos, uns foran de caza, outro resulta que era Conselleiro, outro sacando rendimentos do equipamento e o que máis e o que menos, vivindo do cuento…

E cando viñeron a rendir contas, dixo o Xuíz que a culpa de todo esto foiche do vento, “o quiero decir del mar que andaba revuelto”, bueno e un pouco tamén do Capitan do petroleiro por non ir dar a volta polo mar egeo, e tamén de quen puxo alí as pedras por donde teñen que pasar os petroleiros, por serto, Portugal, portouse moi mal…!!!, e por supuesto, do petroleiro, que a quen se lle ocorre levar petroleo dentro, porque os mariñeiros como disque estaban en folga de fame, non avistaron oiceberg que era tan grande como o do Titanic…

 Unha vergüenza, unha inxustiza…  “Y cuanta desdicha”, así que… “Fai a túa rima e opina…”

by Pepone

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>